10330508_10152305817716597_17022325817403035_n

Axúdanos a completar o noso Reto NUEZ, xa estamos na 2ª fase!

¿Qué son os Retos Nuez?
Trátase dunha idea de Bankinter mediante a cal, a través de Nuez Seguros, axúdanse a facer realidade centos de proxectos sociais, culturais o solidarios.

¿Cal é o noso reto Nuez? 
Necesitamos conseguir financiación para continuar axudando ó control das colonias felinas mediante o método CES (Captura-Esterilización-Solta), ademáis de proporcionarlles alimento e coidados veterinarios.
 A saúde e calidade de vida mellora notablemente despois da operación. 
Ó mesmo tempo traballamos con casas de acollida para conseguir encontrar fogares definitivos a través da adopción a animais en situación de abandono. Para todo isto precisamos apoio económico e, lamentablemente, os 30€ anuais dos socios non é dabondo para costear operacións, esterilizacións, vacunas, etc.

Ademáis fomentamos o respeto ós animais mediante as nosas campañas contra todo tipo de maltrato animal.

¿Cómo ser colaborador no noso proxecto?

Grazas ó teu voto, sen ningún desembolso pola tua parte, Nuez donarános 10€. Votándonos ademáis terás un presuposto dunha das mellores aseguradoras para o teu seguro de moto, coche e casa con Nuez Línea Directa Aseguradora. Por outra parte, tamén recibiremos un % por cada póliza que as persoas que nos voten contraten con Nuez Seguros.
Pincha na seguinte imaxe e axúdanos a seguir avanzando!
  votamiretonuez