INFORMACIÓN XERAL TIENDA SOLIDARIA

COMO COMPRAR
Comprar os produtos solidarios de Abeiro é moi fácil!
Poderás atopalos no noso mercadillo o segundo sábado de cada mes na Praza do Toural en Santiago de Compostela ou no momento que prefiras desde a túa casa na tenda solidaria on-line da asociación pola protección animal Abeiro.

PRODUTOS SOLIDARIOS
Se che gusta un dos nosos deseños personalizados, pero non atopas un produto que che guste, ponte en contacto a través de tendasolidaria@asociacionabeiro.org e cóntanos que che gustaría, xa que temos outros formatos e cores dispoñibles.

COMPRA ON-LINE
Selecciona o produto, o deseño, a talla e a cor que prefiras e engádeo á compra. Repite o proceso tantas veces como produtos queiras e cando acabes pica no carro da compra do menú superior para terminar o proceso.

GASTOS DE ENVÍO
Podes escoller entre dúas opcións:
– Recollida nun lugar acordado (GRATIS). Unha vez completado o proceso de compra, poñerémonos en contacto contigo para acordar un lugar de entrega en Santiago de Compostela.
– Envío a domicilio
O prezo do servizo de entrega a domicilio é de 5 euros.
Gastos de envío gratis en compras superiores a 50€.

FORMAS DE PAGO
-Transferencia ou ingreso en conta.
Podes ordenar o pago a esta conta Bancaria: ES44 0128 0110 21 0100041331
Ten en conta que o tempo de entrega empezará a contar cando o proceso da transferencia se complete.

-Paypal. Se non dispós de conta de paypal, poderás pagar con cartón de crédito a través desta mesma plataforma para garantir a seguridade no pago.

TEMPO DE ENTREGA
Os produtos solidarios de Abeiro son completamente personalizados, polo que o tempo de entrega é de 10 días.