Zeus

Zeus

ADOPTADO: Septembro 2015

Zeus apareceu nunha colonia de Fontiñas de pronto, pero ó non pertencer á mesma os outros gatos pegábanlle e non o estaba a pasar nada ben. Houbo que collelo con xaula trampa e resultou ser un gatiño especialmente cariñoso e agradecido.
Aquí tedes a descripción de Micos do Barrio, as que se encargaron de capturalo e o tiñan en acollida: “É un mico moi agradecido dunha mirada moi tenra, tamén sabemos que é moi ronroneador, encantalle que lle rasquen a barrigola e xogar coa familia que o ten acollido.Se queres incorporar un equipo de ronroneos de alta fidelidade na túa vida, Zeus é o teu mico.”
Nacemento aproximado: Maio 2015
Related Projects