FRAGUEL

  • Nacemento aproximado: 2012
  • É moi agarimoso, dócil e xoguetón
  • Gústanlle os nenos
  • Adoptado agosto 2016
Este cadeliño apareceu nunha urbanización en moi malas condicións físicas, moi fraco e morto de fame. A pesar de que o difundiron amplamente na zona ninguén o reclamou como seu; xa está perfectamente de saúde e poñémolo legalmente en adopción. É xovenciño,  pesa uns 20 kg e é de estatura mediana. Lévase ben e é moi sociábel con outros cans e micos cos que xoga. De carácter é moi agarimoso, dócil, xoguetón e faldeiro pois anda por toda a casa detrás da socia de ABEIRO que o ten en “acollida temporal”. Nesta familia hai un bebé humano e este feito non é nengún problema para o can nen para o neno, é máis, chámalle a atención e góstalle ter ao meniño preto del.
Related Projects