CIDRE

  • macho
  • Recollido na rúa
  • Moi bo e cariñoso
  • URXE acollida
CIDRE é este gato adulto que apareceu vagando por Santa Marta coa cabeza chea de pus. As voluntarias da colonia levárono ao veterinario, onde lle limparon a ferida e o trataron, e agora xa está curado.

É urxente atopar unha casiña con algo de espazo para Cidre. Agora mesmo está nunha habitación dunha casa, non pode sair dese cuarto, e quédaselle pequeno, está moi estresado e empeza a autolesionarse.

Por favor, unha acollida para Cidre! Gatiño máis bo e cariñoso non o hai!

Related Projects