BLANQUITA

  • Nacimiento aproximado: 2009
  • Es muy cariñosa e sociable
Esta gata é moi especial para nós, foi rescatada xunto coa súa irmá e durante moito tempo estivo controlada en exterior, agora podemos celebrar que está en acollida temporal nunha casa. É moi moi agarimosa e sociábel, semella estar tratando de recuperar todo o tempo perdido na súa relación coas persoas. Cando a agarimas non deixa de dar voltas e frotarse contra ti moi tenramente. É o centro da atención até do veterinario polo seu bo carácter, dificilmente poida haber unha miquiña máis doméstica que esta. Ten unha simpática ollada estrábica que a fai moi grazosa á vista, e que lle dá unha característica xenética moi particular que comparte coa súa irmá “Cloe” (xa adoptada).

Related Projects