(galego) POR QUE FACEMOS CUESTIONARIOS LONGOS E EXHAUSTIVOS ANTES DE CADA ADOPCIÓN?

POR QUE FACEMOS CUESTIONARIOS LONGOS E EXHAUSTIVOS ANTES DE CADA ADOPCIÓN?

O cadeliño que se ve na primeira foto chámase Cooper. Chamábase Cooper. Na segunda foto podedes ver a súa familia, a que o adoptou, á que se lle fixo o preseguimento por parte da protectora que tutelaba a Cooper, cun cuestionario e unha entrevista persoal nos que pareceu a familia ideal para o pequeno. Na terceira foto vense os restos de Cooper despois de ser afogado e deixado pudrir, literalmente, no chan da cociña durante 3 meses.

Isto que pode parecer unha película ou unha historia de ficción, foi dura e cruel realidade esta semana nunha localidade de Valladolid. Podedes ver aquí o comunicado da protectora onde o explican: https://www.facebook.com/notes/defaniva/comunicado-oficial-de-defaniva/2113436692034744/
E aquí a noticia na prensa: https://www.elnortedecastilla.es/…/cadaver-perro-llevaba-20…

Non queremos imaxinarnos como se sentirán as persoas voluntarias que traballan na protectora, que con todo o esforzo e apenas recursos, intentan atopar fogares para os animais que veñen de ser abandonados ou que nacen froito de camadas indesexadas por non esterilizar. Teñen que estar a pasalo moi mal, e desde aquí lles enviamos todo o noso apoio ás persoas que forman a protectora Defaniva.

Moitas veces, cando alguén quere adoptar un canciño ou un gatiño, e lles pasamos o cuestionario previo, atopamos xente que se queixa de que é moi longo, de que son moitas preguntas, de que algunhas preguntas son persoais, ou de que poñemos moitas trabas para adoptar un animal. E, como se pode comprobar por este caso, nunca é suficiente. Porque mesmo pasando un cuestionario e unha entrevista, ás veces non se acerta e a familia ideal resulta ser o inferno para ese peludiño.

É certo que estes casos son contados, e a inmensa maioría das persoas que adoptades, a inmensa maioría das que tendes adoptado ata agora con nós, sondes familias marabillosas e queredes e coidades moito os animais que sumastes ás vosas familias.

Pero, por favor, cando contactes con algunha protectora para adoptar un animal, e che pasen o cuestionario, non digas que é moi longo ou que che poñemos trabas. Estamos intentando facer un filtro, estamos intentando que entendas que adoptar non é mercar un xoguete. Estamos intentando evitar que haxa outros Cooper.

Descansa en paz, pequeno.

Recent Posts